miércoles, 25 de marzo de 2020

CINE EN CASA!

Se aínda non víchedes aínda esta peli, agora é un momento magnífico para xuntarse toda a familia e facelo, ou mesmo volvela a ver. Trátase de "LOS CHICOS DEL CORO".


PARA VELA TAMÉN PODES PINCHAR AQUÍ

Se non che funciona o vídeo, proba a abrir YOUTUBE e escribir:
"Los chicos del coro película completa en español" E aparecerá.

Desfrutade do cine en casa.

Unha ciberaperta!
Sandra.




Mensaxe encriptada

Bos  e soleados días!

Deixovos este vídeo, estade ben atentos ata o final porque ten unha mensaxe secreta que se debuxa polo camino da música. Seredes capaces de vela e traducila? Ánimo, valentes!


OU pinchade AQUÍ

Se podedes, escribides a solución en COMENTARIOS. Sei que algúns de vós estades tendo problemas para deixar comentarios, e mesmo para ver os vídeos porque a páxina non vos deixa. Estou tentando comprobar se hai xente que si pode e otros non, por ver se é problema do Blogue. Graciñas!

viernes, 20 de marzo de 2020

ARRANCAMOS! Lembrade deixar comentarios abaixo para saber que estamos unid@s!


DANZA E MOVEMENTO



DANZA 7 SALTOS 

Esta danza moitos xa a coñecedes porque a fixemos na clase, e os que non, podedes aproveitar para aprendela porque é fácil e moi divertida. É unha música e danza tradicional de Dinamarca (que non sabes onde queda Dinamarca? Mira este mapa). Podedes danzar soíños, pero sempre é mellor a danza compartida, así que chamade ás persoas que tedes perto e... a danzar!



SALTA!

Estaoutra é pra saltar, brincar e danzar libremente. Arriba esa enerxía!!





TUTORIAL JOTA

Sempre quixeches aprender a bailar a xota galega? Xa sabes un pouquiño pero che gustaría mellorar a técnica? Pois aquí vos deixo un pequeno tutorial pra ir quentando motores.




JUST DANCE

Veña, un pouco de Just Dance. Sei que vos gusta porque vós mo ensinachedes a min. Desfrutade do movemento do voso corpo, que só tedes un e hai que coidalo e aprender a manexalo. 













EDUCACIÓN AUDITIVA



Deixovos un dos videos que máis vos gustan, podedes miralo sentadiños, e tamén podedes miralo mentras vos movedes polo espazo debuxando a música coas vosas mans e a vosa cara. Nesta obra hai momentos musicais que transmiten ENFADO, FURIA, RABIA, e tamén momentos de CALMA, PAZ e TRANQUILIDADE. Como a vida mesma. Pois a miña proposta é que vos lancedes a expresar esas emocións a través da música, como fixemos en clase algunhas veces.



Como sabedes, a 5º Sinfonía foi composta por BEETHOVEN, un compositor que tiña un carácter moi forte, como a música que creaba. 
Se queredes saber algo máis da súa vida mirade este vídeo: 








CANCIÓNS 

RESISTIREI!

Esta canción é un clásico do Dúo Dinámico. Estes días estáse a convertir case nun himno, hai xente que pon esta canción a todo volume na súa casa e canta a “grito pelao”. Fixádevos na letra e entenderedes por que a súa mensaxe é tan importante pra estes días. Cantando resistiremos!



POLO PEPE

 Para os máis pequeniños temos o conto cantado do “Polo Pepe”.   






INTERPRETACIÓN MUSICAL

MARCHA DE RADETZKY

Esta a coñecedes practicamente todas e todos. Os máis pequenos podedes acompañar facendo palmas fortes, nas partes na que a música soa forte, e máis suave cando a música soa máis calmada. Tamén podedes acompañar golpeando calquera obxecto que teñades a man: un tambor de xoguete ou unha caixa de cartón.

Para os que sabedes un pouco, xa podedes seguir as indicacións do musicograma e facer percusión corporal (pés, pernas, palmas...). 


E outra proposta sobre esta Marcha para os máis expertos. Sorte!



O RITMO DAS PANADERAS


Algúns xa sabedes este ritmo, e os que aínda non o coñecedes esta é a vosa oportunidade. O mellor de todo é que só precisades ter unha mesa e dúas mans. 








FRAUTA DOCE


É posible que algúns de vós non teñades a frauta na casa. Non vos preocupedes por isto, xa practicaremos xuntos. Pero para quen si ten frauta e lle apeteza practicar, ireivos deixando algunhas pezas. Tede en conta sempre que estades convivindo con máis xente, así que antes de tocar:

1.  Pregunta á xente que te rodea se é bo momento para tocar.
2. Busca un lugar o máis íntimo posible, pra sentirte agusto, e pra non molestar nin ser molestado por outros sons.
3. Experimenta libremente un rato, repasa cancións que xa sabes, e aprende algo novo. 


PAVANA


Partitura

http://www.docentestic.es/la_pavana.html#auto_top

Acompañamento

http://www.docentestic.es/la_pavana.mp3


ESTREAMOS BLOGUE DE MÚSICA!

Benvidas e benvidos!


Espero que esteades ben de saúde e de ánimo. Eu estou moi ben, pensando na aperta inmensa que nos imos dar cando todo isto remate. Este tempo permítenos facer cousas diferentes, con máis calma. Como sempre digo, o aburrimento é bo, é necesario, porque do aburrimento saímos sendo creativos. Estou segura que a vosa imaxinación está agora mesmo inventando novos xogos, debuxando e creando historias marabillosas. Cando nos volvamos a ver podemos compartilas. 


De momento, a través deste blogue, podemos estar conectadas/os, comunicarnos e seguir facendo camiño xuntos/as. Por iso pídovos que deixedes algún COMENTARIO abaixo, saudando ou comentando as actividades musicais que ides facer, para sentir que estamos xuntos e xuntas. Ireivos deixando propostas de todo tipo, e para todos os niveis. Estas propostas son voluntarias e non avaliables, isto trátase de aprender polo pracer de aprender e de disfrutar da música, pois:


A MÚSICA É A ALMA DA VIDA.


Sen música o ser humano estaría incompleto. Se vos fixades, está por todas partes. Seguro que estes días escoitades música saír das fiestras das casas, e da vosa tamén. Na tele, na radio, mesmo nos sons da natureza. A música fainos viaxar a outros mundos, traenos calma, alegría, enerxía, incluso deixa fluir a tristeza e a rabia tamén. Anímovos a expresar todo o que sentides a través da música. 


Vou organizar as miñas propostas por tipos de contidos, non por niveis. A maioría son disfrutables por todo o alumnado (cada un ao seu xeito), pero algúns veredes que vai máis enfocado cara os maiores e outros cara os máis peques. Aconséllovos que buceedes por todos sen reparos, e que fagades os que vos motiven!

Empezamos a viaxe, imos!