DANZA E MOVEMENTO
DANZA 7 SALTOS
Esta
danza moitos xa a coñecedes porque a fixemos na clase, e os que non, podedes
aproveitar para aprendela porque é fácil e moi divertida. É unha música e danza
tradicional de Dinamarca (que non sabes onde queda Dinamarca? Mira este mapa). Podedes danzar soíños, pero sempre
é mellor a danza compartida, así que chamade ás persoas que tedes perto e... a
danzar!
SALTA!
TUTORIAL JOTA
Sempre
quixeches aprender a bailar a xota galega? Xa sabes un pouquiño pero che
gustaría mellorar a técnica? Pois aquí vos deixo un pequeno tutorial pra ir quentando
motores.
JUST DANCE
Veña, un pouco de Just Dance. Sei que vos gusta porque vós mo ensinachedes a min. Desfrutade do movemento do voso corpo, que só tedes un e hai que coidalo e aprender a manexalo.
EDUCACIÓN
AUDITIVA
Deixovos
un dos videos que máis vos gustan, podedes miralo sentadiños, e tamén podedes
miralo mentras vos movedes polo espazo debuxando a música coas vosas mans e a
vosa cara. Nesta obra hai momentos musicais que transmiten ENFADO, FURIA, RABIA, e tamén momentos de CALMA, PAZ e TRANQUILIDADE. Como a vida mesma. Pois a
miña proposta é que vos lancedes a expresar esas emocións a través da música,
como fixemos en clase algunhas veces.
Como sabedes, a 5º Sinfonía foi composta por BEETHOVEN, un compositor que tiña un carácter moi forte, como a
música que creaba.
Se queredes saber algo máis da súa vida mirade este vídeo:
CANCIÓNS
RESISTIREI!
Esta
canción é un clásico do Dúo Dinámico. Estes días estáse a convertir case nun
himno, hai xente que pon esta canción a todo volume na súa casa e canta a “grito
pelao”. Fixádevos na letra e entenderedes por que a súa mensaxe é tan
importante pra estes días. Cantando resistiremos!
POLO PEPE
Para os máis pequeniños temos
o conto cantado do “Polo Pepe”.
INTERPRETACIÓN MUSICAL
MARCHA DE RADETZKY
Esta a coñecedes practicamente
todas e todos. Os máis pequenos
podedes acompañar facendo palmas fortes, nas partes na que a música soa forte,
e máis suave cando a música soa máis calmada. Tamén podedes acompañar golpeando
calquera obxecto que teñades a man: un tambor de xoguete ou unha caixa de
cartón.
Para os que sabedes un pouco, xa podedes seguir as indicacións do musicograma e facer percusión corporal (pés, pernas, palmas...).
O RITMO DAS PANADERAS
Algúns xa sabedes este ritmo, e os que aínda non o coñecedes esta é a vosa oportunidade. O mellor de todo é que só precisades ter unha mesa e dúas mans.
FRAUTA DOCE
É posible que algúns de vós non teñades a frauta na casa. Non vos preocupedes por isto, xa practicaremos xuntos. Pero para quen si ten frauta e lle apeteza practicar, ireivos deixando algunhas pezas. Tede en conta sempre que estades convivindo con máis xente, así que antes de tocar:
1. Pregunta á xente que te rodea se é bo momento para tocar.
2. Busca un lugar o máis íntimo posible, pra sentirte agusto, e pra non molestar nin ser molestado por outros sons.
3. Experimenta libremente un rato, repasa cancións que xa sabes, e aprende algo novo.
PAVANA
Partitura
http://www.docentestic.es/la_pavana.html#auto_top
Acompañamento
http://www.docentestic.es/la_pavana.mp3
Hola profe soy Anxo de quinto espero que estés bien yo estoy bastante bien haciendo mucho deporte un beso Anxo
ResponderEliminarHolaaa Anxo!! Qué alegría encontrarte por aquí, gracias por saludar. Yo estoy muy bien, pero con unas ganas locas de volver a vernos, reírnos y abrazarnos. De momento toca seguir esperando y mientras aprovechando el tiempo. Me alegro de que estés haciendo deporte, es muy necesario ahora. Espero verte pronto, un abrazo y.. a bailar!!
ResponderEliminar