miércoles, 27 de mayo de 2020

1º e 2º

Musicados e harmoniosos días!
Como estades pasando esta semana tan calurosa?  Ímonos refrescar cun pouquiño de música.

1º TAREFA

Comezamos agudizando os ouvidos: adeviña que instrumento soa e a que familia pertencen!

Instrumentos musicales, una ficha interactiva de MarianS
liveworksheets.com

2º TAREFA

Agora imos practicar o ritmo a través do movemento corporal con este temazo tan coñecido do grupo Queen chamado "We will rock you".
Fixádevos ben nos debuxos da primeira imaxe. Aparecen as partes do corpo que tedes que percutir. Practicádeos por separado sen música ANTES de lanzarvos.
Despois xa podedes comezar!
Fixádevos tamén nos números, veredes que cada parte a repiten 4 veces.

Come on!

3º TAREFA

Despois de practicar a canción "We will rock you" co teu corpo, xa podes facer a túa versión con instrumentos musicais de percusión!

En semanas anteriores vimos como crear un tambor con latas e globos. Se xa tés na casa un tambor (feito por ti ou non) podes usalo. Se non: podes usar un caldeiro e uns paus para percutir, tamén soará de marabilla! Proba diferentes tamaños e elixe o que máis che guste.

Pon a música a todo volume e toca por riba dela libremente! 
Só tés que prestar atención ao ritmo da canción e deixarte levar. Veña que vai!

3º e 4º

Musicados e harmoniosos días!
Como estades pasando esta semana tan calurosa?  Ímonos refrescar cun pouquiño de música.

1º TAREFA

Identifica os seguintes intrumentos de percusión!

2º TAREFA

Agora imos practicar o ritmo a través do movemento corporal con este temazo tan coñecido do grupo Queen chamado "We will rock you".
Fixádevos ben nos debuxos da primeira imaxe. Aparecen as partes do corpo que tedes que percutir. Practicádeos por separado sen música ANTES de lanzarvos.
Despois xa podedes comezar!
Fixádevos tamén nos números, veredes que cada parte a repiten 4 veces.

Come on!

3º TAREFA

Despois de practicar a canción "We will rock you" co teu corpo, xa podes facer a túa versión con instrumentos musicais de percusión!

En semanas anteriores vimos como crear un tambor con latas e globos. Se xa tés na casa un tambor (feito por ti ou non) podes usalo. Se non: podes usar un caldeiro e uns paus para percutir, tamén soará de marabilla! Proba diferentes tamaños e elixe o que máis che guste.

Pon a música a todo volume e toca por riba dela libremente! 
Só tés que prestar atención ao ritmo da canción e deixarte levar. Veña que vai!

5º e 6º

Musicados e harmoniosos días!
Como estades pasando esta semana tan calurosa?  Refrescámonos cun pouquiño de música?

Ímonos sumerxir na evolución dos ESTILOS MUSICAIS! Á piscina!

1º Vídeo ilustrado da Historia da Música 

Que che pareceu o vídeo? Ten moitísima información, verdade? 
Imos comprobar se eres bo ou boa pescadora de información! 
Para completar a seguinte ficha é posible que precises volver ver o vídeo, esta vez cos ollos ben abertos e a neurona super atenta: 

ORDENA AS ÉPOCAS DOS ESTILOS MUSICAIS!!

 Xa sabes, envía a ficha ao meu enderezo: profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com

2º AUDICIÓN DE ESTILOS

Seguro que xa podes diferenciar un montón de estilos musicais diferentes.
Na seguinte ficha terás que adeviñar a que estilo musical pertence cada audio.

FICHA DE ESTILOS MUSICAIS

3º PERCUSIÓN CORPORAL

Despedímonos cun pouco de Rock and Roll da man da mítica banda Queen. Seguro que este temazo che soa familiar: "We will rock you".
Fíxate ben nos debuxos antes de lanzarte, practícaos por separado e sen música.
Tamén debes fixarte nos números, verás que cada parte a repiten 4 veces.

Come on!

miércoles, 20 de mayo de 2020

1º e 2º

Bos díaaas!! Outra vez temos música! Como voan as semanas!

Hoxe imos xogar e viaxar a tráves da música.

Coma sempre, podedes enviar fotos, vídeos e comentarios a: 

profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com

CANCIÓN AFRICANA "KOKO LEOKO"

1º QUENTAMOS A VOZ

Imos quentar a voz un pouquiño imitando estes sons:

- Un lobo aullando.
- Unha sirena de ambulancia.
- O motor dunha moto.
- Un paxariño moi pequeño piando agudo.
- Un ogro bastante grande e gordo que susurra "bim bam bum" moi grave.

2º CANTAMOS!

Ben, despois do quentamento xa estamos prontos para cantar! E hoxe imos aprender unha canción africana. Podedes ler a letra mentres escoitades a música as veces que faga falta.

LETRA

1º parte
 KOKO LEOKO MAMA KOKO LEOKO
KOKO LEOKO MAMA KO LEOKO    x2

2º parte
ABA MAMA ABA
ABA MAMA KO LEOKO  x2

3º XOGO DE RITMOS CORPORAIS

Primeiro imos probar a marcar o ritmo de xeito natural, o pulso da canción, golpeando suavemente as pernas. Probamos a cantar por riba.
Xa podemos probar a introducir os ritmos corporais do vídeo
Ten coidado, non aceleres!

RETO MUSICAL: Grava un vídeo facendo un xogo de palmas.

Seguro que esta canción africana che lembrou aos xogos de palmas aos que xogamos nós aquí.
As culturas están moi conectadas, en todas as culturas cantan e xogan coas cancións.

TI SABES ALGÚN XOGO DE PALMAS? Si?? Xenial!!
Se non sabes ningún, podes preguntar na casa ou a otros amigos/as. 

Eu de pequena xogaba a moitos. Por exemplo: "En la calle lle, veinticuatro tro…", "Soy el chino capuchino mandarín rín rín.." etc.

Aquí tedes un exemplo de xogo de palmas, podedes buscar unha parella ou facelo individualmente.

3º e 4º

Bos díaaas!! Outra vez temos música! Como voan as semanas!

Hoxe imos xogar e viaxar a tráves da música.

Coma sempre, podedes enviar fotos, vídeos e comentarios a: 

profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com

1º CANCIÓN AFRICANA "KOKO LEOKO"

Primeiro aprendemos a canción, sen xestos. 
Despois aprendemos os xestos, sen cantar.
Por último probades a xuntar a canción cos xestos. 

Ánimo valentes!!!

LETRA

1º parte
 KOKO LEOKO MAMA KOKO LEOKO
KOKO LEOKO MAMA KO LEOKO    x2

2º parte
ABA MAMA ABA
ABA MAMA KO LEOKO  x2

2º Dance Monkey con percusión corporal

Seguro que esta canción vos gusta, a ver se sodes capaces de acompañala coa percusión corporal.
A por ela!

3º Dictado de ritmos

Ritmo: negras y corcheas, una ficha interactiva de AnaMusicaHN
liveworksheets.com

RETO MUSICAL: Grava un vídeo facendo un xogo de palmas.

Seguro que a canción africana che lembrou aos xogos de palmas aos que xogamos nós aquí.
As culturas están moi conectadas, en todas as culturas cantan e xogan coas cancións.

TI SABES ALGÚN XOGO DE PALMAS? Si?? Xenial!!
Se non sabes ningún, podes preguntar na casa ou a otros amigos/as. 

Eu de pequena xogaba a moitos. Por exemplo: "En la calle lle, veinticuatro tro…", "Soy el chino capuchino mandarín rín rín.." etc.

Aquí tedes un exemplo de xogo de palmas, podedes buscar unha parella ou facelo individualmente.

5º y 6º

Bos díaaas!! Outra vez temos música! Como voan as semanas!

Hoxe temos actividades moi chulas, mirade!

Coma sempre, podedes enviar fotos, vídeos e comentarios a: 

profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com

1º EXPLORAMOS COA VOZ

Probade a entonar as diferentes alturas do son, explorade a voz sen medo. A ver ata onde sodes capaces de entonar con este video. Podedes escoitalo, parar o video e repetir anacos as veces que queirades.

É normal que non todo o mundo chegue a cantar notas moi agudas, NON FORCEDES A VOZ. Sempre con coidado. Decídeme ata que nota chegades cantando!

2º DANCE MONKEY CON PERCUSIÓN CORPORAL

Esta canción seguro que vos gusta. A por ela!!

3º Dictado de Ritmos

Dictado rítmico, una ficha interactiva de VeronicaPenalva
liveworksheets.com

RETO MUSICAL: Grava un vídeo facendo un xogo de palmas.

En todas as culturas cantan e xogan coas cancións.

TI SABES ALGÚN XOGO DE PALMAS? Si?? Xenial!!
Se non sabes ningún, podes preguntar na casa ou a otros amigos/as. 

Eu de pequena xogaba a moitos. Por exemplo: "En la calle lle, veinticuatro tro…", "Soy el chino capuchino mandarín rín rín.." etc.

Aquí tedes un exemplo de xogo de palmas, podedes buscar unha parella ou facelo individualmente.

miércoles, 13 de mayo de 2020

VIDEOCLIP DOS MAIOS!!

Moi bos días queridiños e queridiñas!

HOXE ESTREAMOS VIDEOCLIP!

Está recén saído do forno, e feito con moito cariño e moita ilusión.

Unha vez máis: GRACIAS a todos os participantes, a ás familias por facelo posible.

ESPERO QUE VOS GUSTE! :-)

ABAIXO TEDES AS ACTIVIDADES MUSICAIS 
DESTA SEMANA PARA CADA CURSO.

1º e 2º

Musicados e harmoniosos días!

1º ACTIVIDADE 

Imos entrar en materia repasando as 7 notas musicais. Lembrades todas? Seguro que si.
Nesta ficha tedes que colocalas por orde. Imos!

Escala de Do Mayor, una ficha interactiva de Maestro_Jesus
liveworksheets.com

2º ACTIVIDADE

EXPERIMENTO SONORO:
FACEMOS MÚSICA CON VASOS DE AUGA

(con axuda dalguén e moito coidado)

1º Colle 3 vasos de cristal (se poden ser iguais, mellor).
2º Enchemos un vaso cun moi pouca auga (1/4 aprox.), outro pola metade, outro case cheo.
3º Cun lapis probamos a golpear SUAVEMENTE os vasos. Aquí é momento de probar e experimentar. Que observas? Como son os sons?

Ben, unha vez que xa probaches, vouche lanzar pequenos retos:

a) Ordea os vasos de maior a menor auga.
b) Localiza o vaso co son máis agudo. 
c) Agora busca o vaso co son máis grave.
d) Proba a inventar a túa propia melodía combinando os 3 sons. Para isto podes usar ritmos que xa coñeces, como os que practicamos en clase ou na canción dos maios.
e) Asigna un número a cada vaso ( 1 2 3) e toca as secuencias: 

111 222 333 
112 113 
332 331
33 22 33 11 

3º ACTIVIDADE

Seguimos practicando ritmos con paus! Esta vez con este xogo de CHOCO CHOCOLATE.

 Lee as instrucións antes de empezar para saber como facer a actividade. Moita sorte!

3º e 4º

Musicados e harmoniosos días!

1º ACTIVIDADE 

Imos entrar en materia repasando as notas musicais cunha ficha interactiva.

A semana pasada practicamos as notas LA SOL MI.

Esta semana ampliamos: LA SOL MI DO. Imos!

Notas do-mi-sol-la, una ficha interactiva de MARTAGF
liveworksheets.com

2º ACTIVIDADE

EXPERIMENTO SONORO:
FACEMOS MÚSICA CON VASOS DE AUGA

(con moito coidado)

1º Colle 3 vasos de cristal (se poden ser iguais, mellor).
2º Enchemos un vaso cun moi pouca auga (1/4 aprox.), outro pola metade, outro case cheo.
3º Cun lapis probamos a golpear SUAVEMENTE os vasos. Aquí é momento de probar e experimentar. Que observas? Como son os sons?

Ben, unha vez que xa probaches, vouche lanzar pequenos retos:

a) Ordea os vasos de maior a menor auga e tócaos un por un.
b) Localiza o vaso co son máis agudo. 
c) Agora busca o vaso co son máis grave.
d) Proba a inventar a túa propia melodía combinando os 3 sons. Para isto podes usar ritmos que xa coñeces, como os que practicamos en clase ou na canción dos maios.
e) Asignar un número a cada vaso ( 1 2 3) e tocar secuencias: 