Moi bos días!
Como van eses maios? Alégrame moitísimo vervos cantando nos vídeos que mandastes.
Aínda estades a tempo de participar coa vosa canción, vou ampliar a data ata o domingo 10.
Podedes elexir facer só os xestos do "baile", ou só un anaco da canción.
O importante é pasar un bo rato preparando a canción e logo disfrutar de vernos e sentirnos máis perto de todo o cole.
Animádevos! Que xa nos está quedando un vídeoclip moi chulo! :-)
Lémbrovos que todas as tarefas que fagades podedes envialas ao enderezo:
profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com
Esta semana en Música temos varias actividades, imos lá!
1º ACTIVIDADE
Recordamos algúns instrumentos da familia de vento.
XOGAMOS UN POUCO? A ver se adeviñas que instrumentos son:
2º ACTIVIDADE
Imos traballar un pouco as notas do pentagrama con esta ficha interactiva.
É moi sinxeliña, xa verás. Pincha aquí:
3º ACTIVIDADE
Construimos o noso instrumento de vento da man de
Joaquín Sánchez do grupo Vibra-Tó.
Joaquín Sánchez do grupo Vibra-Tó.
(Facédeo só se tedes xa palliñas na casa, non as merquedes.
Lembrade que canto menos plástico consumamos mellor para o planeta).
4º ACTIVIDADE
XOGAMOS AO "SIMÓN DICE" CASEIRO
Prepara 4 folios de cores: vermello, amarelo, verde e azul.
Se non tés folios de cores, usa un folio normal e debúxalle un circuliño desas cores no meio.
Repite o que faga o vídeo!
Repite o que faga o vídeo!
Tamén podedes xogar con outra persoa, e complicalo tanto como queirades.
O límite o poñedes vós!
No hay comentarios:
Publicar un comentario