Musicados e harmoniosos días!
1º ACTIVIDADE
Imos entrar en materia repasando as notas musicais cunha ficha interactiva.
Esta vez tedes arriba a escala (pequena chuletilla) para que non teñades ningún fallo!
A ver quen saca o 10! :-)
Notas Musicales, una ficha interactiva de AlejoMusica
liveworksheets.com
liveworksheets.com
2º ACTIVIDADE
EXPERIMENTO SONORO:
FACEMOS MÚSICA CON VASOS DE AUGA
FACEMOS MÚSICA CON VASOS DE AUGA
(con moito coidado)
1º Colle 3 vasos de cristal (se poden ser iguais, mellor).
2º Enchemos un vaso cun moi pouca auga (1/4 aprox.), outro pola metade, outro case cheo.
3º Cun lapis ou cucharilla probamos a golpear SUAVEMENTE os vasos. Aquí é momento de probar e experimentar. Que observas? Como son os sons?
Ben, unha vez que xa probaches, vouche lanzar pequenos retos:
a) Ordea os vasos de maior a menor auga e tócaos un por un.
b) Localiza o vaso co son máis GRAVE (chamaremos a ese vaso DO), o vaso máis AGUDO (lle chamaremos MI) e o vaso que queda será RE.
c) Proba a inventar a túa propia melodía combinando os 3 sons. Para isto podes usar ritmos que xa coñeces, como os que practicamos en clase ou na canción dos maios. (grava un vídeo).
d) Escribe a túa partitura persoal usando as notas DO, RE MI e proba a tocala despois cos vasos. Podes debuxar un pentagrama nun folio, ou escribir as notas con letras.
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN
Calquera son prodúcese pola vibración dun material.
Neste caso, vibra o cristal do vaso ao ser golpeado e as ondas transmítense polo ar en forma de son.
A pregunta para investigar en internet é:
Por que cambia o son dun vaso a outro?
Que efecto fai a auga na vibración do vaso?
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN
Calquera son prodúcese pola vibración dun material.
Neste caso, vibra o cristal do vaso ao ser golpeado e as ondas transmítense polo ar en forma de son.
A pregunta para investigar en internet é:
Por que cambia o son dun vaso a outro?
Que efecto fai a auga na vibración do vaso?
3º ACTIVIDADE
Seguimos practicando ritmos con paus! Esta vez con este xogo de CHOCO CHOCOLATE.
Lee as instrucións antes de empezar para saber como facer a actividade. Podes enviarme un video, me encantará ver as túas dotes musicais. Moita sorte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario