miércoles, 6 de mayo de 2020

1º 2º

Moi bos días!

Como van eses maios? Alégrame moitísimo vervos cantando nos vídeos que mandastes.
Aínda estades a tempo de participar coa vosa canción, vou ampliar a data ata o domingo 10.
Podedes elexir facer só os xestos do "baile", ou só un anaco da canción. 

O importante é pasar un bo rato preparando a canción e logo disfrutar de vernos e sentirnos máis perto de todo o cole.

Animádevos! Que xa nos está quedando un vídeoclip moi chulo! :-)


Lémbrovos que todas as tarefas que fagades podedes envialas ao enderezo:

profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com

Esta semana en Música temos varias actividades, imos lá!

1º ACTIVIDADE

Recordamos os instrumentos da familia de vento:


XOGAMOS UN POUCO? A ver se adeviñas os instrumentos:






2º ACTIVIDADE



3º ACTIVIDADE
Construimos o noso instrumento de vento da man de 
Joaquín Sánchez do grupo Vibra-Tó.

(Facédeo só se tedes xa palliñas na casa, non as merquedes. 
Lembrade que canto menos plástico consumamos mellor para o planeta).




4º ACTIVIDADE 

XOGAMOS AO "SIMÓN DICE" CASEIRO

Prepara 4 folios de cores: vermello, amarelo, verde e azul.
Se non tés folios de cores, usa un folio normal e debúxalle un circuliño desas cores no meio.
Repite o que faga o vídeo!


Tamén podedes xogar con outra persoa, e complicalo tanto como queirades. 
O límite o poñedes vós!



No hay comentarios:

Publicar un comentario