Como estades pasando esta semana tan calurosa? Ímonos refrescar cun pouquiño de música.
1º TAREFA
Identifica os seguintes intrumentos de percusión!
INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN, una ficha interactiva de mbae
liveworksheets.com
liveworksheets.com
2º TAREFA
Agora imos practicar o ritmo a través do movemento corporal con este temazo tan coñecido do grupo Queen chamado "We will rock you".
Fixádevos ben nos debuxos da primeira imaxe. Aparecen as partes do corpo que tedes que percutir. Practicádeos por separado sen música ANTES de lanzarvos.
Despois xa podedes comezar!
Fixádevos tamén nos números, veredes que cada parte a repiten 4 veces.
Fixádevos ben nos debuxos da primeira imaxe. Aparecen as partes do corpo que tedes que percutir. Practicádeos por separado sen música ANTES de lanzarvos.
Despois xa podedes comezar!
Fixádevos tamén nos números, veredes que cada parte a repiten 4 veces.
Come on!
3º TAREFA
Despois de practicar a canción "We will rock you" co teu corpo, xa podes facer a túa versión con instrumentos musicais de percusión!
En semanas anteriores vimos como crear un tambor con latas e globos. Se xa tés na casa un tambor (feito por ti ou non) podes usalo. Se non: podes usar un caldeiro e uns paus para percutir, tamén soará de marabilla! Proba diferentes tamaños e elixe o que máis che guste.
Pon a música a todo volume e toca por riba dela libremente!
Só tés que prestar atención ao ritmo da canción e deixarte levar. Veña que vai!
No hay comentarios:
Publicar un comentario