miércoles, 20 de mayo de 2020

1º e 2º

Bos díaaas!! Outra vez temos música! Como voan as semanas!

Hoxe imos xogar e viaxar a tráves da música.

Coma sempre, podedes enviar fotos, vídeos e comentarios a: 

profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com


CANCIÓN AFRICANA "KOKO LEOKO"


1º QUENTAMOS A VOZ

Imos quentar a voz un pouquiño imitando estes sons:

- Un lobo aullando.
- Unha sirena de ambulancia.
- O motor dunha moto.
- Un paxariño moi pequeño piando agudo.
- Un ogro bastante grande e gordo que susurra "bim bam bum" moi grave.

2º CANTAMOS!

Ben, despois do quentamento xa estamos prontos para cantar! E hoxe imos aprender unha canción africana. Podedes ler a letra mentres escoitades a música as veces que faga falta.

LETRA

1º parte
 KOKO LEOKO MAMA KOKO LEOKO
KOKO LEOKO MAMA KO LEOKO    x2

2º parte
ABA MAMA ABA
ABA MAMA KO LEOKO  x2





3º XOGO DE RITMOS CORPORAIS

Primeiro imos probar a marcar o ritmo de xeito natural, o pulso da canción, golpeando suavemente as pernas. Probamos a cantar por riba.
Xa podemos probar a introducir os ritmos corporais do vídeo
Ten coidado, non aceleres!


RETO MUSICAL: Grava un vídeo facendo un xogo de palmas.

Seguro que esta canción africana che lembrou aos xogos de palmas aos que xogamos nós aquí.
As culturas están moi conectadas, en todas as culturas cantan e xogan coas cancións.

TI SABES ALGÚN XOGO DE PALMAS? Si?? Xenial!!
Se non sabes ningún, podes preguntar na casa ou a otros amigos/as. 

Eu de pequena xogaba a moitos. Por exemplo: "En la calle lle, veinticuatro tro…", "Soy el chino capuchino mandarín rín rín.." etc.

Aquí tedes un exemplo de xogo de palmas, podedes buscar unha parella ou facelo individualmente.






No hay comentarios:

Publicar un comentario