miércoles, 13 de mayo de 2020

1º e 2º

Musicados e harmoniosos días!

1º ACTIVIDADE 

Imos entrar en materia repasando as 7 notas musicais. Lembrades todas? Seguro que si.
Nesta ficha tedes que colocalas por orde. Imos!


Escala de Do Mayor, una ficha interactiva de Maestro_Jesus
liveworksheets.com



2º ACTIVIDADE

EXPERIMENTO SONORO:
FACEMOS MÚSICA CON VASOS DE AUGA

(con axuda dalguén e moito coidado)


1º Colle 3 vasos de cristal (se poden ser iguais, mellor).
2º Enchemos un vaso cun moi pouca auga (1/4 aprox.), outro pola metade, outro case cheo.
3º Cun lapis probamos a golpear SUAVEMENTE os vasos. Aquí é momento de probar e experimentar. Que observas? Como son os sons?

Ben, unha vez que xa probaches, vouche lanzar pequenos retos:

a) Ordea os vasos de maior a menor auga.
b) Localiza o vaso co son máis agudo. 
c) Agora busca o vaso co son máis grave.
d) Proba a inventar a túa propia melodía combinando os 3 sons. Para isto podes usar ritmos que xa coñeces, como os que practicamos en clase ou na canción dos maios.
e) Asigna un número a cada vaso ( 1 2 3) e toca as secuencias: 

111 222 333 
112 113 
332 331
33 22 33 11 


3º ACTIVIDADE

Seguimos practicando ritmos con paus! Esta vez con este xogo de CHOCO CHOCOLATE.

 Lee as instrucións antes de empezar para saber como facer a actividade. Moita sorte!





No hay comentarios:

Publicar un comentario