miércoles, 29 de abril de 2020

Ritmo dos maios

Mándovos o ritmo dos maios para que practiquedes mellor!

E poñemos como data de entrega límite O MÉRCORES 6 de maio. Tedes unha semana para mandar a vosa mellor versión.



Gracias por participar!!! Entre tod@s faremos os maios!!

PARA TODO O COLE!


Moi bo día queridiños e queridiñas!!

Hoxe temos unha actividade moi especial. 
Imos recibir ao mes de maio gravando o noso primeiro VIDEO CLIP!!

O tema elexido é unha peza tradicional que toco co meu grupo de música Habelas Hainas.

Veredes que no vídeo hai DÚAS cancións xuntas. 
Nós imos preparar só a PRIMEIRA canción para cantar, tocar e bailar.

A continuación... con todas e todos vós…. Os Maios de Habelas Hainas!!


PREPARACIÓN DA 1º CANCIÓN DOS MAIOS

1º PASO:

O INSTRUMENTO: 
Precisamos dous paus para bater entre sí.
Podemos decoralos colgándolle tiras de cores, fíos de lá, o que queirades. 

PRACTICAMOS O RITMO: Sería   TA - TITI - TA  - TA



Probamos a tocar por riba da música seguindo o ritmo.


2º PASO: 

Aprendemos a letra da canción para poder CANTALA. Mellor de memoria, sen ter que ler.

Para aprender a letra primeiro lemos un anaco varias veces en voz alta. 
Despois repetimola coa música varias veces, e imos ampliando o anaco ata tela enteira.

3º PASO:  

PRACTICAMOS A TOCAR E CANTAR Á VEZ. Se despois de practicar un bo rato non che sae, proba a marcar o pulso soamente, sen facer o ritmo.
O importante agora é CANTAR (e levar un ritmo que non soe mal).

4º PASO:

Aprendemos estes xestos moi sinxelos:





5º PASO: MOMENTO DE GRAVAR

Deixa que pase un día polo menos, e volves a repasar a canción.

Elixe un lugar luminoso.

Vístete de CORES ALEGRES, ou DISFRÁZATE!! 

Facemos 2 vídeos:

No 1º: Tés que gravarte CANTANDO e TOCANDO á vez (se podes, senon só TOCANDO).
Se podes, faino sobre a música, é decir, escoitando a canción á vez. Para iso pode que precises dun ordenador, ou doutro teléfono onde estea soando a música e a escoites mentras gravas.

No 2º: Tés que gravarte CANTANDO cós XESTOS sobre a música.


IMPORTANTE:

A canción habería que gravala enteira.

Para enviar o vídeo ao correo podedes usar o We Transfer  ou subilo a YouTube en modo oculto e pasarme o enlace. Se tés algún problema faimo saber e buscarei a maneira de solucionalo.

TEMOS DE PRAZO ATA O MÉRCORES 6 DE MAIO! Unha semaniña..

Moitísimas gracias pola vosa colaboración!!

profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com 

VEÑA QUE VAI!  A POLO VIDEOCLIP!!

Deixovos tamén unas ideas para CREAR O VOSO MAIO.
Sería un bonito decorado para o voso videoclip.

Podedes crealo un cun folio ou cartóns, e decoralo con herbas, flores, fíos de cores, lazos, pintura...
Tamén podedes colorear o debuxo. Sexa como sexa, non te olvides de mandar unha foto para que saia no vídeoclip!







martes, 21 de abril de 2020

1º e 2º

Bos días, familias! Espero que estedes todas ben, e levando esta situación o mellor posible. Dende Música cada mércores vou propoñer actividades, que podedes ir facendo ao longo da semana ou cando vos veña ben. Pero sí é importante que me mandedes FOTOS e VÍDEOS das tarefas que fagades.

Ao enderezo:
 profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com 

Poñendo: Nome do alumno/a e curso.


Así sentiremos que estamos contectados, será unha alegría inmensa vernos, tanto para as profes, como para os compañeiros visitantes deste blogue. E ademáis, eu poderei ver a evolución de cada un e tela en conta positivamente.


1º CONSTRUIMOS INSTRUMENTOS
de xeito fácil, rápido e barato

RASCADOR MUSICAL/MARACA

Materiais:
Botella de plástico (se usas) ou unha lata, que non sexan lisas.
Un pau pequeno, tamén vale o rabo dunha culler ou mesmo unha pinza da roupa. 
Recheo:pedriñas, legumes, arroz, área seca...



Podes decoralas con pintura, pegatinas ou o que queiras!

E xa podes practicar dúas técnicas instrumentais: 
O RASCADO (co pau) E AXITADO (estilo maraca)

Se usas unha lata para fabricar o RASCADOR tamén podes convertila en TAMBOR, usando un globo e unha goma. Mira a foto:


CONTO MUSICAL
Ben, agora que tedes o voso instrumento rascador, xa estades preparados para interpretar o Conto Musical do Sapo Yururú
Teredes que facer os efectos sonoros dos sapos co voso super rascador. Veña que vai!

 

3º RITMO DAS PALABRAS

Imos practicar un pouco de ritmo coas palabras. 

a) Empezamos por un exercicio sinxelo no que teredes que colocar as palabras
PAN, CASA, MARIPOSA.




b) ¿Qué tal, ben? Agora xa podemos complicar un pouco máis a cousa introducindo SILENCIOS.


4º CANTAR con "Feliz" de Fanny Lu
Con esta canción tan chula podedes facer karaoke e bailar un pouco. 
E isto é o que hoxe vos desexo a todos e todas vós: moita felicidade!




3º e 4º

Bos días, familias! Espero que estedes todas ben, e levando esta situación o mellor posible. Dende Música cada mércores vou propoñer actividades, que podedes ir facendo ao longo da semana ou cando vos veña ben. Pero sí é importante que me mandedes FOTOS ou VÍDEOS das tarefas que fagades. 

Ao enderezo:
 profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com 

Poñendo: Nome do alumno/a e curso.


Así sentiremos que estamos contectados, será unha alegría inmensa vernos, tanto para as profes, como para os compañeiros visitantes deste blogue. E ademáis, eu poderei ver a evolución de cada un e tela en conta positivamente.

1º CONSTRUIMOS INSTRUMENTO

1º Collemos una lata, (coidado cos bordes que as veces cortan)
2º Colocamos un globo como parche
3º Estiramos ben o globo e suxeitamos cunha gomiña ou cinta adhesiva
4º Collo dous pauciños, e a tocar!

Tamén se pode percutir directamente a lata, un caldeiro ou calquer bote. Todo nos servirá para poder seguir o ritmo das cancións, practicar a técnica da baqueta e mesmo experimentar diferentes tipos de sons (comparando botes máis grandes, e máis pequenos).


2º INTERPRETACIÓN MUSICAL

Co noso instrumento percutimos seguindo o ritmo do vídeo.

SEGUIMOS ESTE PROCESO:
1º Solo boca
2º Repito o vídeo: boca e palmas
3º Repito:  só con palmas
4º Xa podes tocar co teu instrumento!! 
(se o 4º paso non che sae ben, toca o intrumento dicindo a palabra á vez) 




3º XOGO ATRAPA A NOTA

Imos practicar as notas musicais no pentagrama. 
Primeiro imos repasar as notas no pentagrama a través desta canción:



E agora xa estás preparada/o para XOGAR:



4º CANCIÓN "FELIZ"
Despedímonos con esta canción tan chula "Feliz" de Funny Lu.
E isto é o que hoxe vos desexo a todos e todas: moita felicidade!!




5º COREOGRAFÍA "FELIZ"
E... tamén tén este baile que seguro que aprendedes axiña! 
RECORDADE enviar fotos ou vídeos das tarefas que facedes. 
Será xenial vernos tod@s por aquí! :-)


5º y 6º


Bos días, familias! Espero que estedes todas ben, e levando esta situación o mellor posible. Dende Música cada mércores vou propoñer actividades, que podedes ir facendo ao longo da semana ou cando vos veña ben. Pero sí é importante que me mandedes FOTOS ou VÍDEOS das tarefas que fagades. 

Ao enderezo:
 profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com 

Poñendo: Nome do alumno/a e curso.


Así sentiremos que estamos contectados, será unha alegría inmensa vernos, tanto para as profes, como para os compañeiros visitantes deste blogue. E ademáis, eu poderei ver a evolución de cada un e tela en conta positivamente.


1º INSTRUMENTOS MUSICAIS NA CASA

Na casa estamos rodeados de cousas que poden ser utilizadas como obxectos sonoros. Antes non todo o mundo podía permitirse o luxo de ter un instrumento na casa, así botaban man da imaxinación.
Vouvos deixar un par de exemplos de instrumentos musicais feitos a partir de obxectos do cotío:

A ver quen me responde no Blogue a estas preguntas: 
1- En que zona é típico tocar a tixola?
2- Con que obxectos se percute?
3- Por que cres que tocaban a tixola antiguamente?


Increíble, verdade? Podedes probar a tocalos e veredes que, cunha pouca de práctica, chegades a facer música.

Tamén podedes crear os vosos instrumentos usando materiais moi sinxelos.

Para construir un instrumento de percusión de membrana podedes fixarvos na foto:
MATERIAIS: unha lata, un globo, unha goma ou cinta adhesiva, pauciños.



Tamén se pode percutir co pau ou o rabo dunha culler a lata directamente, un caldeiro, unha caixa, etc. 
Cando teñas elexido e creado o teu instrumento xa estarás preparad@ para o seguinte exercicio:

2º INTERPRETACIÓN MUSICAL
Collemos o noso instrumento e percutímolo seguindo o ritmo do vídeo. Coidado con non acelerar!
Moita sorte!



3º NOTAS MUSICAIS:
Empezamos repasando as notas do pentagrama de forma moi divertida con este xogo online: 


 Despois de xogar podedes deixar en comentarios os vosos resultados co voso nome. 
A ver quen acerta máis notas!! :-)



4º CANCIÓN:
Para ir rematando imos facer "momento karaoke" cantando esta canción tan chula de Fanny Lu chamada "Feliz"
Iso é o que vos desexo a tod@s hoxe, que teñades moita felicidade! 


5º COREOGRAFÍA DE "FELIZ"


Despedímonos esta semana movendo o esqueleto a bo ritmo. Veña que vai!!


Non te esquezas de enviar fotos, vídeos e comentarios das tarefas que fagas.
 Será xenial poder sentirnos perto!


domingo, 5 de abril de 2020

Fabricando frautas!


Podemos crear instrumentos con todo tipo de obxectos!! A nosa casa está chea de posibilidades sonoras, atréveste a explorar? Mirade que proposta máis interesante fainos Joaquin, do grupo Vibra tó:


Xa vedes, moi sinxelo de fabricar, así que mans á obra! Se vos animades, podedes facer FOTOS ou VÍDEO e mandalo ao meu correo:
profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com

E se queres descubrir a máis xenios tolos pola música date un paseo por este outro vídeo, mira que instrumentos máis caseros e curiosos!  Preséntovos aos musicazos de FETÉN FETÉN!


E para comparar, a mesma canción, tocada polos mesmos músicos, pero con outros instrumentos. Con tod@s vós: Fetén fetén!!! Disfrutádeo!



jueves, 2 de abril de 2020

Percusión corporal

Practicamos un pouco de ritmo a través dun xogo de percusión corporal. Sorte!


Se non ves o vídeo pincha AQUÍ

O rei da montaña!

Ola musiqueir@s!

Hoxe imos escoitar esta obra tan misteriosa... The King of Mountain de E. Grieg.

Os máis peques xa a coñecedes, porque fixemos xogos de movemento con ela. Podedes ver neste vídeo como se debuxa a música e practicar a debuxala vós tamén co voso corpo seguindo os movementos do personaxe, subindo e baixando os brazos cunha expresión moi misteriosa.


Se tedes problemas para ver o vídeo pinchade AQUÍ


E para os que xa sabedes ler un pouquiño de linguaxe musical, déixovos outro vídeo da mesma obra con son midi (non é tan guai como con orquestra, pero é divertido). A practicar!

1º) Con boca e mans: negra: TA    corcheas: TITI     branca: TÓO
2º) Sin boca, só coas mans.


Se non vedes ben o vídeo pinchade AQUÍ

Contádeme que tal vos sae.

¡Unha ciberaperta!

Sandra.