martes, 21 de abril de 2020

5º y 6º


Bos días, familias! Espero que estedes todas ben, e levando esta situación o mellor posible. Dende Música cada mércores vou propoñer actividades, que podedes ir facendo ao longo da semana ou cando vos veña ben. Pero sí é importante que me mandedes FOTOS ou VÍDEOS das tarefas que fagades. 

Ao enderezo:
 profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com 

Poñendo: Nome do alumno/a e curso.


Así sentiremos que estamos contectados, será unha alegría inmensa vernos, tanto para as profes, como para os compañeiros visitantes deste blogue. E ademáis, eu poderei ver a evolución de cada un e tela en conta positivamente.


1º INSTRUMENTOS MUSICAIS NA CASA

Na casa estamos rodeados de cousas que poden ser utilizadas como obxectos sonoros. Antes non todo o mundo podía permitirse o luxo de ter un instrumento na casa, así botaban man da imaxinación.
Vouvos deixar un par de exemplos de instrumentos musicais feitos a partir de obxectos do cotío:

A ver quen me responde no Blogue a estas preguntas: 
1- En que zona é típico tocar a tixola?
2- Con que obxectos se percute?
3- Por que cres que tocaban a tixola antiguamente?


Increíble, verdade? Podedes probar a tocalos e veredes que, cunha pouca de práctica, chegades a facer música.

Tamén podedes crear os vosos instrumentos usando materiais moi sinxelos.

Para construir un instrumento de percusión de membrana podedes fixarvos na foto:
MATERIAIS: unha lata, un globo, unha goma ou cinta adhesiva, pauciños.



Tamén se pode percutir co pau ou o rabo dunha culler a lata directamente, un caldeiro, unha caixa, etc. 
Cando teñas elexido e creado o teu instrumento xa estarás preparad@ para o seguinte exercicio:

2º INTERPRETACIÓN MUSICAL
Collemos o noso instrumento e percutímolo seguindo o ritmo do vídeo. Coidado con non acelerar!
Moita sorte!



3º NOTAS MUSICAIS:
Empezamos repasando as notas do pentagrama de forma moi divertida con este xogo online: 


 Despois de xogar podedes deixar en comentarios os vosos resultados co voso nome. 
A ver quen acerta máis notas!! :-)



4º CANCIÓN:
Para ir rematando imos facer "momento karaoke" cantando esta canción tan chula de Fanny Lu chamada "Feliz"
Iso é o que vos desexo a tod@s hoxe, que teñades moita felicidade! 


5º COREOGRAFÍA DE "FELIZ"


Despedímonos esta semana movendo o esqueleto a bo ritmo. Veña que vai!!


Non te esquezas de enviar fotos, vídeos e comentarios das tarefas que fagas.
 Será xenial poder sentirnos perto!


8 comentarios:

  1. hola profe Sandra, soy guillermo A. LOPEZ Zamora en la zona que se tocaba es en Salamanca, y era una sarten, cuchara y un dedal, antiguamente no habia dinero para instrumento. Me gusto mucho un saludo grande.

    ResponderEliminar
  2. Hola Guillermo! Me alegro un montón de "verte" por aquí :-) Has acertado todas las preguntas, bravísimo! Te animas a probar en casa? Yo voy a ver si me sale lo de las cucharas... a practicar! Ciberabrazos!

    ResponderEliminar
  3. Hola profe soy Anxo lo que más me gustó fue el tambor un saludo.

    ResponderEliminar
  4. Hola profe soy Anxo lo que más me gustó fue el tambor

    ResponderEliminar
  5. Hola profe Ana soy Anxo de 5, intenté tocar las cucharas pero soy un desastre

    ResponderEliminar
  6. Hola Anxo! No te desanimes, tocar las cucharas lleva su tiempo, pero si nuestros tatarabuelos podían tocarlas, nosotros también! Yo he estado probando también, y reconozco que no me sale muy bien, pero voy a seguir practicando a ver si mejoro la técnica. Cuando volvamos al cole podemos tocar todo lo que aprendimos :-) Un súper abrazo!

    ResponderEliminar
  7. Hola profe! Me impresionó lo de la sartén y las cucharas. Aunque sí que hace falta mucha práctica. Voy a intentar hacer un instrumento. Un saludo a todos.

    ResponderEliminar
  8. El juego de atrapa las notas me pone que está fuera de servicio. No se si a los demás también le pasa.

    ResponderEliminar