Hoxe imos escoitar esta obra tan misteriosa... The King of Mountain de E. Grieg.
Os máis peques xa a coñecedes, porque fixemos xogos de movemento con ela. Podedes ver neste vídeo como se debuxa a música e practicar a debuxala vós tamén co voso corpo seguindo os movementos do personaxe, subindo e baixando os brazos cunha expresión moi misteriosa.
Se tedes problemas para ver o vídeo pinchade AQUÍ
E para os que xa sabedes ler un pouquiño de linguaxe musical, déixovos outro vídeo da mesma obra con son midi (non é tan guai como con orquestra, pero é divertido). A practicar!
1º) Con boca e mans: negra: TA corcheas: TITI branca: TÓO
2º) Sin boca, só coas mans.
Se non vedes ben o vídeo pinchade AQUÍ
Contádeme que tal vos sae.
¡Unha ciberaperta!
Sandra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario