Moi bo día queridiños e queridiñas!!
Hoxe temos unha actividade moi especial.
Imos recibir ao mes de maio gravando o noso primeiro VIDEO CLIP!!
O tema elexido é unha peza tradicional que toco co meu grupo de música Habelas Hainas.
Veredes que no vídeo hai DÚAS cancións xuntas.
Nós imos preparar só a PRIMEIRA canción para cantar, tocar e bailar.
A continuación... con todas e todos vós…. Os Maios de Habelas Hainas!!
PREPARACIÓN DA 1º CANCIÓN DOS MAIOS
1º PASO:
O INSTRUMENTO:
Precisamos dous paus para bater entre sí.
Podemos decoralos colgándolle tiras de cores, fíos de lá, o que queirades.
PRACTICAMOS O RITMO: Sería TA - TITI - TA - TA
Probamos a tocar por riba da música seguindo o ritmo.
2º PASO:
Aprendemos a letra da canción para poder CANTALA. Mellor de memoria, sen ter que ler.
Para aprender a letra primeiro lemos un anaco varias veces en voz alta.
Despois repetimola coa música varias veces, e imos ampliando o anaco ata tela enteira.
3º PASO:
PRACTICAMOS A TOCAR E CANTAR Á VEZ. Se despois de practicar un bo rato non che sae, proba a marcar o pulso soamente, sen facer o ritmo.
O importante agora é CANTAR (e levar un ritmo que non soe mal).
4º PASO:
Aprendemos estes xestos moi sinxelos:
5º PASO: MOMENTO DE GRAVAR
Deixa que pase un día polo menos, e volves a repasar a canción.
Elixe un lugar luminoso.
Vístete de CORES ALEGRES, ou DISFRÁZATE!!
Facemos 2 vídeos:
No 1º: Tés que gravarte CANTANDO e TOCANDO á vez (se podes, senon só TOCANDO).
Se podes, faino sobre a música, é decir, escoitando a canción á vez. Para iso pode que precises dun ordenador, ou doutro teléfono onde estea soando a música e a escoites mentras gravas.
No 2º: Tés que gravarte CANTANDO cós XESTOS sobre a música.
IMPORTANTE:
A canción habería que gravala enteira.
Para enviar o vídeo ao correo podedes usar o We Transfer ou subilo a YouTube en modo oculto e pasarme o enlace. Se tés algún problema faimo saber e buscarei a maneira de solucionalo.
TEMOS DE PRAZO ATA O MÉRCORES 6 DE MAIO! Unha semaniña..
Moitísimas gracias pola vosa colaboración!!
profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com
VEÑA QUE VAI! A POLO VIDEOCLIP!!
Deixovos tamén unas ideas para CREAR O VOSO MAIO.
Sería un bonito decorado para o voso videoclip.
Podedes crealo un cun folio ou cartóns, e decoralo con herbas, flores, fíos de cores, lazos, pintura...
Tamén podedes colorear o debuxo. Sexa como sexa, non te olvides de mandar unha foto para que saia no vídeoclip!
me encanta la idea:)
ResponderEliminarGenial Aldara! Va a quedar chulísimo. Y lo mejor de todo, es divertido! :-)
ResponderEliminarHola.
ResponderEliminarEl videoclip para cuando sería la entrega....
Gracias
Hola! Ponemos una semana para mandarlo, hasta el miércoles que viene, si surge cualquier atranco me lo decís y solucionaremos ¿de acuerdo? ¡Ánimo!
ResponderEliminar