martes, 21 de abril de 2020

1º e 2º

Bos días, familias! Espero que estedes todas ben, e levando esta situación o mellor posible. Dende Música cada mércores vou propoñer actividades, que podedes ir facendo ao longo da semana ou cando vos veña ben. Pero sí é importante que me mandedes FOTOS e VÍDEOS das tarefas que fagades.

Ao enderezo:
 profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com 

Poñendo: Nome do alumno/a e curso.


Así sentiremos que estamos contectados, será unha alegría inmensa vernos, tanto para as profes, como para os compañeiros visitantes deste blogue. E ademáis, eu poderei ver a evolución de cada un e tela en conta positivamente.


1º CONSTRUIMOS INSTRUMENTOS
de xeito fácil, rápido e barato

RASCADOR MUSICAL/MARACA

Materiais:
Botella de plástico (se usas) ou unha lata, que non sexan lisas.
Un pau pequeno, tamén vale o rabo dunha culler ou mesmo unha pinza da roupa. 
Recheo:pedriñas, legumes, arroz, área seca...



Podes decoralas con pintura, pegatinas ou o que queiras!

E xa podes practicar dúas técnicas instrumentais: 
O RASCADO (co pau) E AXITADO (estilo maraca)

Se usas unha lata para fabricar o RASCADOR tamén podes convertila en TAMBOR, usando un globo e unha goma. Mira a foto:


CONTO MUSICAL
Ben, agora que tedes o voso instrumento rascador, xa estades preparados para interpretar o Conto Musical do Sapo Yururú
Teredes que facer os efectos sonoros dos sapos co voso super rascador. Veña que vai!

 

3º RITMO DAS PALABRAS

Imos practicar un pouco de ritmo coas palabras. 

a) Empezamos por un exercicio sinxelo no que teredes que colocar as palabras
PAN, CASA, MARIPOSA.




b) ¿Qué tal, ben? Agora xa podemos complicar un pouco máis a cousa introducindo SILENCIOS.


4º CANTAR con "Feliz" de Fanny Lu
Con esta canción tan chula podedes facer karaoke e bailar un pouco. 
E isto é o que hoxe vos desexo a todos e todas vós: moita felicidade!




3 comentarios:

  1. Genial Ana! Me alegro de encontrarte por aquí. Gracias por escribir! Si te animas a enviarme alguna foto o vídeo será genial! Un beso :-)

    ResponderEliminar
  2. Por cierto, me estás escribiendo en la entrada de 1º y 2º. Tus actividades están justo debajo de esto :-)
    ¡¡Ánimo!!

    ResponderEliminar