martes, 21 de abril de 2020

3º e 4º

Bos días, familias! Espero que estedes todas ben, e levando esta situación o mellor posible. Dende Música cada mércores vou propoñer actividades, que podedes ir facendo ao longo da semana ou cando vos veña ben. Pero sí é importante que me mandedes FOTOS ou VÍDEOS das tarefas que fagades. 

Ao enderezo:
 profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com 

Poñendo: Nome do alumno/a e curso.


Así sentiremos que estamos contectados, será unha alegría inmensa vernos, tanto para as profes, como para os compañeiros visitantes deste blogue. E ademáis, eu poderei ver a evolución de cada un e tela en conta positivamente.

1º CONSTRUIMOS INSTRUMENTO

1º Collemos una lata, (coidado cos bordes que as veces cortan)
2º Colocamos un globo como parche
3º Estiramos ben o globo e suxeitamos cunha gomiña ou cinta adhesiva
4º Collo dous pauciños, e a tocar!

Tamén se pode percutir directamente a lata, un caldeiro ou calquer bote. Todo nos servirá para poder seguir o ritmo das cancións, practicar a técnica da baqueta e mesmo experimentar diferentes tipos de sons (comparando botes máis grandes, e máis pequenos).


2º INTERPRETACIÓN MUSICAL

Co noso instrumento percutimos seguindo o ritmo do vídeo.

SEGUIMOS ESTE PROCESO:
1º Solo boca
2º Repito o vídeo: boca e palmas
3º Repito:  só con palmas
4º Xa podes tocar co teu instrumento!! 
(se o 4º paso non che sae ben, toca o intrumento dicindo a palabra á vez) 




3º XOGO ATRAPA A NOTA

Imos practicar as notas musicais no pentagrama. 
Primeiro imos repasar as notas no pentagrama a través desta canción:



E agora xa estás preparada/o para XOGAR:



4º CANCIÓN "FELIZ"
Despedímonos con esta canción tan chula "Feliz" de Funny Lu.
E isto é o que hoxe vos desexo a todos e todas: moita felicidade!!




5º COREOGRAFÍA "FELIZ"
E... tamén tén este baile que seguro que aprendedes axiña! 
RECORDADE enviar fotos ou vídeos das tarefas que facedes. 
Será xenial vernos tod@s por aquí! :-)


8 comentarios:

  1. Hola profe Sandra!
    Que tal estás?
    Nosotros bien, por ahora.
    Queremos contarte que semanas atrás estuvimos mirando el blog pero a partir de está semana las practicaremos ya que nuestra familia se normalizó y ya somos más Felices y estamos más tranquilos.
    Te mandaremos algún vídeo para que los veas.
    Gracias por todo tú esfuerzo y dedicación para que nuestros hijos no pierdan el hilo.
    Saludos y un abrazo y besos muy fuertes profe Sandra.

    ResponderEliminar
  2. ¡¡Muchísimas gracias por escribir!!
    Aunque no puedo saber quién eres porque no me aparece el nombre (si firmáis al final mejor), imagino que sois la familia de Nati y Javi (porque hablas en plural).
    ¡¡Qué alegría más grande tener noticias vuestras!!
    No sabía que habíais estado afectados, me alegro de que ya estéis tranquilos.
    Desde el cole intentamos aportar algo de "normalidad" con nuestras propuestas, y que los alumnos se sientan acompañados y con ilusión. Espero que este blog os sirva un poquito.
    Un abrazo bien grande para toda la familia!

    ResponderEliminar
  3. Ola profe son Eloy quería decirte que gustoume moito o show de atrapa as notas.
    Unha alerta e pasado ben.

    ResponderEliminar
  4. Ola profe son Eloy quería decirche que gustoume moito o show de atrapa as notas.
    Unha aperta e pasado ben

    ResponderEliminar
  5. Olaaa Eloy!! Qué alegría "verte" por aquí! Así que atrapaches moitas notas, ¡bravo!
    Unha aperta enormeee!

    ResponderEliminar
  6. Hola profe moitas grazas. Estou aquí pendente do que nos mandas. Aber se pasa todo isto para estar todos xuntos!!!
    Unha aperta.
    Eloy.

    ResponderEliminar
  7. Hola profe soy Eloy onte puxerame mal e non pueden facer deberes pero xa estou ben
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  8. Moi bos días Eloy! Vaia, alégrome de que xa esteas ben. Tranquilo, tés toda a semana para facer a túa gravación da canción dos Maios! Ánimo!!! :-)

    ResponderEliminar