viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIDA MUSICAL

Bos días queridos e queridas!!

Hoxe é o último día de cole e quero despedirme de vós tamén dende este recuncho musical.
Fun moi feliz véndovos en cada video cantando, bailando, percutindo e explorando sons. Unha vez máis, GRACIAS a todos e a todas por estar aí, dándolo todo. Ao alumnado e, por suposto, ás familias.
Agora toca relaxarse e disfrutar do marabilloso verán! Vémonos á volta no cole!!

E... como vos anunciei, traiovos cunha pequena sorpresa: as vosas cancións confinadas!!

Perdoade, tiven algúns problemiñas cos formatos e algúns videos aparecen pequeniños, unha magoa, pero todos os videos son xeniais!

Que gusto vervos desfrutando da música!

__________________________________________________________________

A clase de 6º quere despedirse de todos e todas vós. 
Son moitos anos no mesmo cole compartindo camiño
e vos teñen moito cariño.

Esperamos que vos gustara. :-)

________________________________________________________

Tedes outra sorpresiña máis no BLOG DO COLE : 

OS VOSOS RECUNCHOS FAVORITOS DE FORNELOS

_________________________________________________________

E por último gustaríame compartir un dos vídeos de cancións confinadas enteiro, porque me pareceu un traballo increible.
Mirade que videoclip máis chulo fixo Yanira!!! 

QUE TEÑADES UN BO VERÁN, ARTISTAS!!!

miércoles, 10 de junio de 2020

PAXAROS PARA TODO O COLE

Meus paxariños e paxariñas! 

Notadelo? Xa vai cheirando a verán!!! E imos preparando a despedida do cole, ainda que sexa neste cole tan raro a través das pantallas. Xa nos queda moi pouquiño!

1º Canción confinada

A música é importantísima para o ser humano. 
Todas as culturas, en todos os tempos, tiveron a súa propia música, e neste confinamento comprobamos canto precisamos da música, e da arte en xeral (as historias dos libros, das películas...). Axúdannos a comprendernos, a desfogar, a imaxinar, a viaxar coa mente, a medrar...

Hoxe gustaríame que cadaquen compartiera unha canción especial, 
unha canción que vos axudara a levar mellor este tempo de confinamento. 
Que a escoitaras durante este tempo, que che levantara o ánimo ou que che marcara dalgún xeito. 
Tés algunha en mente?

Podes enviarme un video cantando/bailando esa canción. Libremente, como queiras.

Lembra que podes usar o teléfono do colexio pra enviar vídeos se tés problemas por email:  667352980

Acompaña o vídeo dunha pequena reflexión, escribe unhas liñas contándome por que elexiches esa canción.

Eu quero compartirvos a miña, co vídeo orixinal pra que disfrutedes da LETRA. 

É unha canción de Rozalén que foi feita durante este tempo confinado. 
Gustoume moito porque, tanto a música como a letra, son intensas e emotivas, pero sen perder o optimismo. Dame ganas de voar!

2º Paxariños e paxariñas

Seguro que cada día, ao abrir as fiestras das vosas casas, escoitades un bo feixe de paxaros. 

Faino agora, sal fóra e agudiza as orellas: escoitas? Sempre están aí, facendo a súa vida.

Ben, pois ides escoitar o canto de diferentes paxaros, e teredes que ir anotando nun papel o nome dos paxaros que credes que viven perto das vosas casas. 

Escoitade con atención!

PAPORRUBIO (petirrojo)
RULA (tórtola)
CORUXA(buho-cárabo)
MERLO (mirlo)
PEGA (urraca)
BUBELA (abubilla)
REISEÑOR (ruiseñor)

Estes son curiosos:
PAXARO CARPINTEIRO (Picamaderos)

A ver quen recoñece máis paxaros na súa zona! 
Podedes escribirme os nomes no blog ou no email. 
E tamén podedes enviar un debuxo ou foto dalgún paxaro que voe onda vós!

Bicos voandeiros!

miércoles, 3 de junio de 2020

1º e 2º

Moi bos días! Aquí chegan as propostas musicais, outra semana máis!

1º TIPOS DE VOCES

Desta volta imos coñecer os 3 tipos de voces: femenina, masculina e infantil. 

A ver se adeviñas cal é cal!!

Tipos de voces, una ficha interactiva de SoniaCastro
liveworksheets.com

Moi ben!

2º FIGURAS RÍTMICAS

Practicamos a lectura musical coas figuras de NEGRA (ta) e CORCHEA (titi) que xa coñecemos.

Lemos coa BOCA e coas PALMAS

3º A PRIMAVERA

Xa estamos preparados/as para poñerlle ritmo a este fragmento da obra "A primavera" de Vivaldi con PERCUSIÓN CORPORAL. Fíxate ben nos debuxos das partes do corpor que hai que tocar cada vez.
Imos!

3º e 4º

Moi bos días! Aquí chegan as propostas musicais, outra semana máis!

1º TIPOS DE VOCES

Como xa sabedes, existen diferentes tipos de voces. A clasificación máis básica engloba 3 grandes grupos: voces infantiles, voces femeninas e voces masculinas.

A ver se adeviñas a voz que soa en cada audio:

Tipos de voces, una ficha interactiva de LauraPA
liveworksheets.com

Imos traballar esta "nova" figura rítmica: a SEMICORCHEA.

Copia este esquema musical e observa que nun pulso (1 negra) entran 4 semicorcheas, moi rapidiñas.

Practicamos as semicorcheas con este tren e avionetas de figuras. Arrancamos!

3º Percusión corporal

Despedímonos con este tema funcky para percusión corporal. 

Saca o ritmo que levas dentro!

5º e 6º

Xa temos novas propostas musicais!!

1º TIPOS DE VOCES

Como xa sabedes, existen diferentes tipos de voces. Copia este esquema e fíxate cales son:

Neste vídeo podedes escoitar varios exemplos de cada tipo de voz:

Ollo! A voz de CONTRATENOR é tan especial, e tan pouco común, que ás veces non aparece na clasificación das voces.
Por exemplo, na seguinte ficha que non aparece o CONTRATENOR. A ver se és capaz de completar o resto de voces e instrumentos! Ánimo!

Tipos de voces e instrumentos aerófonos, una ficha interactiva de analauraab
liveworksheets.com

Moi ben!

2º SEMICORCHEA

Imos traballar esta "nova" figura rítmica: a SEMICORCHEA.

Copia este esquema musical e observa que nun pulso (1 negra) entran 4 semicorcheas, moi rapidiñas.

Practicamos as semicorcheas con este tren y esta avioneta de figuras. Arrancamos!

3º Percusión corporal

Despedímonos con este tema funcky para percusión corporal. 

Saca o ritmo que levas dentro!

miércoles, 27 de mayo de 2020

1º e 2º

Musicados e harmoniosos días!
Como estades pasando esta semana tan calurosa?  Ímonos refrescar cun pouquiño de música.

1º TAREFA

Comezamos agudizando os ouvidos: adeviña que instrumento soa e a que familia pertencen!

Instrumentos musicales, una ficha interactiva de MarianS
liveworksheets.com

2º TAREFA

Agora imos practicar o ritmo a través do movemento corporal con este temazo tan coñecido do grupo Queen chamado "We will rock you".
Fixádevos ben nos debuxos da primeira imaxe. Aparecen as partes do corpo que tedes que percutir. Practicádeos por separado sen música ANTES de lanzarvos.
Despois xa podedes comezar!
Fixádevos tamén nos números, veredes que cada parte a repiten 4 veces.

Come on!

3º TAREFA

Despois de practicar a canción "We will rock you" co teu corpo, xa podes facer a túa versión con instrumentos musicais de percusión!

En semanas anteriores vimos como crear un tambor con latas e globos. Se xa tés na casa un tambor (feito por ti ou non) podes usalo. Se non: podes usar un caldeiro e uns paus para percutir, tamén soará de marabilla! Proba diferentes tamaños e elixe o que máis che guste.

Pon a música a todo volume e toca por riba dela libremente! 
Só tés que prestar atención ao ritmo da canción e deixarte levar. Veña que vai!

3º e 4º

Musicados e harmoniosos días!
Como estades pasando esta semana tan calurosa?  Ímonos refrescar cun pouquiño de música.

1º TAREFA

Identifica os seguintes intrumentos de percusión!

2º TAREFA

Agora imos practicar o ritmo a través do movemento corporal con este temazo tan coñecido do grupo Queen chamado "We will rock you".
Fixádevos ben nos debuxos da primeira imaxe. Aparecen as partes do corpo que tedes que percutir. Practicádeos por separado sen música ANTES de lanzarvos.
Despois xa podedes comezar!
Fixádevos tamén nos números, veredes que cada parte a repiten 4 veces.

Come on!

3º TAREFA

Despois de practicar a canción "We will rock you" co teu corpo, xa podes facer a túa versión con instrumentos musicais de percusión!

En semanas anteriores vimos como crear un tambor con latas e globos. Se xa tés na casa un tambor (feito por ti ou non) podes usalo. Se non: podes usar un caldeiro e uns paus para percutir, tamén soará de marabilla! Proba diferentes tamaños e elixe o que máis che guste.

Pon a música a todo volume e toca por riba dela libremente! 
Só tés que prestar atención ao ritmo da canción e deixarte levar. Veña que vai!

5º e 6º

Musicados e harmoniosos días!
Como estades pasando esta semana tan calurosa?  Refrescámonos cun pouquiño de música?

Ímonos sumerxir na evolución dos ESTILOS MUSICAIS! Á piscina!

1º Vídeo ilustrado da Historia da Música 

Que che pareceu o vídeo? Ten moitísima información, verdade? 
Imos comprobar se eres bo ou boa pescadora de información! 
Para completar a seguinte ficha é posible que precises volver ver o vídeo, esta vez cos ollos ben abertos e a neurona super atenta: 

ORDENA AS ÉPOCAS DOS ESTILOS MUSICAIS!!

 Xa sabes, envía a ficha ao meu enderezo: profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com

2º AUDICIÓN DE ESTILOS

Seguro que xa podes diferenciar un montón de estilos musicais diferentes.
Na seguinte ficha terás que adeviñar a que estilo musical pertence cada audio.

FICHA DE ESTILOS MUSICAIS

3º PERCUSIÓN CORPORAL

Despedímonos cun pouco de Rock and Roll da man da mítica banda Queen. Seguro que este temazo che soa familiar: "We will rock you".
Fíxate ben nos debuxos antes de lanzarte, practícaos por separado e sen música.
Tamén debes fixarte nos números, verás que cada parte a repiten 4 veces.

Come on!

miércoles, 20 de mayo de 2020

1º e 2º

Bos díaaas!! Outra vez temos música! Como voan as semanas!

Hoxe imos xogar e viaxar a tráves da música.

Coma sempre, podedes enviar fotos, vídeos e comentarios a: 

profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com

CANCIÓN AFRICANA "KOKO LEOKO"

1º QUENTAMOS A VOZ

Imos quentar a voz un pouquiño imitando estes sons:

- Un lobo aullando.
- Unha sirena de ambulancia.
- O motor dunha moto.
- Un paxariño moi pequeño piando agudo.
- Un ogro bastante grande e gordo que susurra "bim bam bum" moi grave.

2º CANTAMOS!

Ben, despois do quentamento xa estamos prontos para cantar! E hoxe imos aprender unha canción africana. Podedes ler a letra mentres escoitades a música as veces que faga falta.

LETRA

1º parte
 KOKO LEOKO MAMA KOKO LEOKO
KOKO LEOKO MAMA KO LEOKO    x2

2º parte
ABA MAMA ABA
ABA MAMA KO LEOKO  x2

3º XOGO DE RITMOS CORPORAIS

Primeiro imos probar a marcar o ritmo de xeito natural, o pulso da canción, golpeando suavemente as pernas. Probamos a cantar por riba.
Xa podemos probar a introducir os ritmos corporais do vídeo
Ten coidado, non aceleres!

RETO MUSICAL: Grava un vídeo facendo un xogo de palmas.

Seguro que esta canción africana che lembrou aos xogos de palmas aos que xogamos nós aquí.
As culturas están moi conectadas, en todas as culturas cantan e xogan coas cancións.

TI SABES ALGÚN XOGO DE PALMAS? Si?? Xenial!!
Se non sabes ningún, podes preguntar na casa ou a otros amigos/as. 

Eu de pequena xogaba a moitos. Por exemplo: "En la calle lle, veinticuatro tro…", "Soy el chino capuchino mandarín rín rín.." etc.

Aquí tedes un exemplo de xogo de palmas, podedes buscar unha parella ou facelo individualmente.

3º e 4º

Bos díaaas!! Outra vez temos música! Como voan as semanas!

Hoxe imos xogar e viaxar a tráves da música.

Coma sempre, podedes enviar fotos, vídeos e comentarios a: 

profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com

1º CANCIÓN AFRICANA "KOKO LEOKO"

Primeiro aprendemos a canción, sen xestos. 
Despois aprendemos os xestos, sen cantar.
Por último probades a xuntar a canción cos xestos. 

Ánimo valentes!!!

LETRA

1º parte
 KOKO LEOKO MAMA KOKO LEOKO
KOKO LEOKO MAMA KO LEOKO    x2

2º parte
ABA MAMA ABA
ABA MAMA KO LEOKO  x2

2º Dance Monkey con percusión corporal

Seguro que esta canción vos gusta, a ver se sodes capaces de acompañala coa percusión corporal.
A por ela!

3º Dictado de ritmos

Ritmo: negras y corcheas, una ficha interactiva de AnaMusicaHN
liveworksheets.com

RETO MUSICAL: Grava un vídeo facendo un xogo de palmas.

Seguro que a canción africana che lembrou aos xogos de palmas aos que xogamos nós aquí.
As culturas están moi conectadas, en todas as culturas cantan e xogan coas cancións.

TI SABES ALGÚN XOGO DE PALMAS? Si?? Xenial!!
Se non sabes ningún, podes preguntar na casa ou a otros amigos/as. 

Eu de pequena xogaba a moitos. Por exemplo: "En la calle lle, veinticuatro tro…", "Soy el chino capuchino mandarín rín rín.." etc.

Aquí tedes un exemplo de xogo de palmas, podedes buscar unha parella ou facelo individualmente.

5º y 6º

Bos díaaas!! Outra vez temos música! Como voan as semanas!

Hoxe temos actividades moi chulas, mirade!

Coma sempre, podedes enviar fotos, vídeos e comentarios a: 

profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com

1º EXPLORAMOS COA VOZ

Probade a entonar as diferentes alturas do son, explorade a voz sen medo. A ver ata onde sodes capaces de entonar con este video. Podedes escoitalo, parar o video e repetir anacos as veces que queirades.

É normal que non todo o mundo chegue a cantar notas moi agudas, NON FORCEDES A VOZ. Sempre con coidado. Decídeme ata que nota chegades cantando!

2º DANCE MONKEY CON PERCUSIÓN CORPORAL

Esta canción seguro que vos gusta. A por ela!!

3º Dictado de Ritmos

Dictado rítmico, una ficha interactiva de VeronicaPenalva
liveworksheets.com

RETO MUSICAL: Grava un vídeo facendo un xogo de palmas.

En todas as culturas cantan e xogan coas cancións.