viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIDA MUSICAL

Bos días queridos e queridas!!

Hoxe é o último día de cole e quero despedirme de vós tamén dende este recuncho musical.
Fun moi feliz véndovos en cada video cantando, bailando, percutindo e explorando sons. Unha vez máis, GRACIAS a todos e a todas por estar aí, dándolo todo. Ao alumnado e, por suposto, ás familias.
Agora toca relaxarse e disfrutar do marabilloso verán! Vémonos á volta no cole!!

E... como vos anunciei, traiovos cunha pequena sorpresa: as vosas cancións confinadas!!

Perdoade, tiven algúns problemiñas cos formatos e algúns videos aparecen pequeniños, unha magoa, pero todos os videos son xeniais!


Que gusto vervos desfrutando da música!

__________________________________________________________________

A clase de 6º quere despedirse de todos e todas vós. 
Son moitos anos no mesmo cole compartindo camiño
e vos teñen moito cariño.



Esperamos que vos gustara. :-)

________________________________________________________

Tedes outra sorpresiña máis no BLOG DO COLE : 

OS VOSOS RECUNCHOS FAVORITOS DE FORNELOS

_________________________________________________________


E por último gustaríame compartir un dos vídeos de cancións confinadas enteiro, porque me pareceu un traballo increible.
Mirade que videoclip máis chulo fixo Yanira!!! 




QUE TEÑADES UN BO VERÁN, ARTISTAS!!!




1 comentario: