miércoles, 10 de junio de 2020

PAXAROS PARA TODO O COLE

Meus paxariños e paxariñas! 

Notadelo? Xa vai cheirando a verán!!! E imos preparando a despedida do cole, ainda que sexa neste cole tan raro a través das pantallas. Xa nos queda moi pouquiño!


1º Canción confinada

A música é importantísima para o ser humano. 
Todas as culturas, en todos os tempos, tiveron a súa propia música, e neste confinamento comprobamos canto precisamos da música, e da arte en xeral (as historias dos libros, das películas...). Axúdannos a comprendernos, a desfogar, a imaxinar, a viaxar coa mente, a medrar...

Hoxe gustaríame que cadaquen compartiera unha canción especial, 
unha canción que vos axudara a levar mellor este tempo de confinamento. 
Que a escoitaras durante este tempo, que che levantara o ánimo ou que che marcara dalgún xeito. 
Tés algunha en mente?

Podes enviarme un video cantando/bailando esa canción. Libremente, como queiras.

Lembra que podes usar o teléfono do colexio pra enviar vídeos se tés problemas por email:  667352980

Acompaña o vídeo dunha pequena reflexión, escribe unhas liñas contándome por que elexiches esa canción.


Eu quero compartirvos a miña, co vídeo orixinal pra que disfrutedes da LETRA. 

É unha canción de Rozalén que foi feita durante este tempo confinado. 
Gustoume moito porque, tanto a música como a letra, son intensas e emotivas, pero sen perder o optimismo. Dame ganas de voar!




2º Paxariños e paxariñas

Seguro que cada día, ao abrir as fiestras das vosas casas, escoitades un bo feixe de paxaros. 

Faino agora, sal fóra e agudiza as orellas: escoitas? Sempre están aí, facendo a súa vida.

Ben, pois ides escoitar o canto de diferentes paxaros, e teredes que ir anotando nun papel o nome dos paxaros que credes que viven perto das vosas casas. 

Escoitade con atención!

PAPORRUBIO (petirrojo)
RULA (tórtola)
CORUXA(buho-cárabo)
MERLO (mirlo)
PEGA (urraca)
BUBELA (abubilla)
REISEÑOR (ruiseñor)

Estes son curiosos:
PAXARO CARPINTEIRO (Picamaderos)

A ver quen recoñece máis paxaros na súa zona! 
Podedes escribirme os nomes no blog ou no email. 
E tamén podedes enviar un debuxo ou foto dalgún paxaro que voe onda vós!

Bicos voandeiros!

3 comentarios:

  1. Hola, os paxaros da miña zona son: Paporrubio, merlo, urraca, bubela é cuco. Tamen mandeiche un video no gmail dunha bubela. Un saudo.

    ResponderEliminar
  2. hola profe,na miña casa miro moitas veces no meu xardin unha bubela moi bonita,tamen vexo con moita frecuencia pegas,paporrubios e merlos.Un forte abrazo de Yani

    ResponderEliminar
  3. Que sorte tedes de que vos visiten as bubelas! Son tan fermosas... Pois se recoñecedes o canto de cada paxaro poderedes ver o mundo cos ouvidos. Unha súper aperta!!

    ResponderEliminar