Como estades pasando esta semana tan calurosa? Refrescámonos cun pouquiño de música?
Ímonos sumerxir na evolución dos ESTILOS MUSICAIS! Á piscina!
1º Vídeo ilustrado da Historia da Música
Que che pareceu o vídeo? Ten moitísima información, verdade?
Imos comprobar se eres bo ou boa pescadora de información!
Para completar a seguinte ficha é posible que precises volver ver o vídeo, esta vez cos ollos ben abertos e a neurona super atenta:
ORDENA AS ÉPOCAS DOS ESTILOS MUSICAIS!!
2º AUDICIÓN DE ESTILOS
Seguro que xa podes diferenciar un montón de estilos musicais diferentes.
Na seguinte ficha terás que adeviñar a que estilo musical pertence cada audio.
FICHA DE ESTILOS MUSICAIS
3º PERCUSIÓN CORPORAL
Despedímonos cun pouco de Rock and Roll da man da mítica banda Queen. Seguro que este temazo che soa familiar: "We will rock you".
Fíxate ben nos debuxos antes de lanzarte, practícaos por separado e sen música.
Tamén debes fixarte nos números, verás que cada parte a repiten 4 veces.
Come on!
Hola profe Sandra son Paula de 5°¿Como estas?
ResponderEliminarCómo mola o vídeo!
ResponderEliminar