miércoles, 13 de mayo de 2020

3º e 4º

Musicados e harmoniosos días!

1º ACTIVIDADE 

Imos entrar en materia repasando as notas musicais cunha ficha interactiva.

A semana pasada practicamos as notas LA SOL MI.

Esta semana ampliamos: LA SOL MI DO. Imos!





Notas do-mi-sol-la, una ficha interactiva de MARTAGF
liveworksheets.com




2º ACTIVIDADE



EXPERIMENTO SONORO:
FACEMOS MÚSICA CON VASOS DE AUGA

(con moito coidado)



1º Colle 3 vasos de cristal (se poden ser iguais, mellor).
2º Enchemos un vaso cun moi pouca auga (1/4 aprox.), outro pola metade, outro case cheo.
3º Cun lapis probamos a golpear SUAVEMENTE os vasos. Aquí é momento de probar e experimentar. Que observas? Como son os sons?

Ben, unha vez que xa probaches, vouche lanzar pequenos retos:

a) Ordea os vasos de maior a menor auga e tócaos un por un.
b) Localiza o vaso co son máis agudo. 
c) Agora busca o vaso co son máis grave.
d) Proba a inventar a túa propia melodía combinando os 3 sons. Para isto podes usar ritmos que xa coñeces, como os que practicamos en clase ou na canción dos maios.
e) Asignar un número a cada vaso ( 1 2 3) e tocar secuencias: 

111 222 333 
112 113 
332 331
33 22 33 11 



3º ACTIVIDADE

Seguimos practicando ritmos con paus! Esta vez con este xogo de CHOCO CHOCOLATE.

 Lee as instrucións antes de empezar para saber como facer a actividade. Moita sorte!




No hay comentarios:

Publicar un comentario