Espero que esteades ben de saúde e de ánimo. Eu estou moi ben, pensando na aperta inmensa que nos imos dar cando todo isto remate. Este tempo permítenos facer cousas diferentes, con máis calma. Como sempre digo, o aburrimento é bo, é necesario, porque do aburrimento saímos sendo creativos. Estou segura que a vosa imaxinación está agora mesmo inventando novos xogos, debuxando e creando historias marabillosas. Cando nos volvamos a ver podemos compartilas.
De momento, a través deste blogue, podemos estar conectadas/os, comunicarnos e seguir facendo camiño xuntos/as. Por iso pídovos que deixedes algún COMENTARIO abaixo, saudando ou comentando as actividades musicais que ides facer, para sentir que estamos xuntos e xuntas. Ireivos deixando propostas de todo tipo, e para todos os niveis. Estas propostas son voluntarias e non avaliables, isto trátase de aprender polo pracer de aprender e de disfrutar da música, pois:
A MÚSICA É A ALMA DA VIDA.
Sen
música o ser humano estaría incompleto. Se vos fixades, está por todas partes.
Seguro que estes días escoitades música saír das fiestras das casas, e da vosa
tamén. Na tele, na radio, mesmo nos sons da natureza. A música fainos viaxar a
outros mundos, traenos calma, alegría, enerxía, incluso deixa fluir a tristeza e a rabia tamén. Anímovos a expresar todo o que sentides a través da música.
Vou
organizar as miñas propostas por tipos de contidos, non por niveis. A maioría son disfrutables
por todo o alumnado (cada un ao seu xeito), pero algúns veredes que vai máis
enfocado cara os maiores e outros cara os máis peques. Aconséllovos que
buceedes por todos sen reparos, e que fagades os que vos motiven!
Empezamos
a viaxe, imos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario